HomeCulturaConcerto de frauta de Marta Torres o día 11 en Sober

Concerto de frauta de Marta Torres o día 11 en Sober

A actuación forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ e será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A frautista, Marta Torres, presentará o sábado en Sober o seu espectáculo “The Magical Flute“, un programa onde a frauta traveseira se presenta como único instrumento encargado de namorar ao público, mostrando a versatilidade do seu son grazas ao extenso repertorio composto ao longo de cinco séculos.

Escoitarase desde ‘As  Folies d’ Espagne’ ata a música dos compositores do noso país, pasando polo impresionismo de Debussy e a potencia tímbrica de Berio. Un concerto completo da man do incrible son da frauta traveseira que non deixará indiferente a ninguén.

Marta Torres realizou os seus estudos superiores de frauta no Conservatorio de Liceo de Barcelona con  Christian  Farroni, e posteriormente os estudos de máster na Universidade MUK de Viena con Karl- Heinz Schütz, solista da Orquestra Filharmónica de Viena. Gañou varios premios de música de cámara, foi finalista da Categoría Superior do Concurso Nacional de España ‘Andalucía Frauta’, e en 2019 obtivo o Segundo Premio de Mocidades Musicais de España da modalidade de vento. Colabora regularmente con orquestra profesionais, actividade que compaxina cos seus proxectos de cámara.

Programa

  • Francisco López-Martín: Mängata
  • Georg Philipp Telemann: Fantastia nº10 en Fa #menor
  • Friedrich Kuhlau: Divertissemente nº6, op. 68
  • Francisco Tárrega: Recuerdo de la Alhambra (arr. de Francisco López-Martín)
  • Claude Debussy: Syrinx
  • Luciano Berio: Sequenza I
  • Marin Marais: Les Folies d’Espagne
  • Isaac Albéniz: Asturias (arr. de Francisco López-Martín)

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...