Homesociedade100.000€ para mellorar a conectividade do balneario á praza de Augas Santas...

100.000€ para mellorar a conectividade do balneario á praza de Augas Santas en Pantón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por case 100.000 euros as obras para humanizar e mellorar o estado actual do viario que conecta o balneario de Augas Santas coa praza que leva o mesmo nome no concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato estaba reservado a unha empresa de inserción laboral resultando adxudicataria Properdis, contando cun prazo de execución de 2 meses para mellorar neste lugar a accesibilidade e conectividade tanto rodada como peonil.

Grazas a estes traballos tamén se mellorará a infraestrutura para recoller as augas pluviais, ademais de definirse un muro para delimitar o paseo, colocarse a iluminación na totalidade do viario e instalarse nova sinalización.

A Xunta leva unha década colaborando coas entidades locais a través do chamado Plan Hurbe na execución de intervencións e proxectos urbanísticos como o que propón que contribúan a crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso común e colectivo. Esta liña de traballo manterase no 2022 co fin de contribuír a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...