Homesociedade40.000 persoas viaxaron en catamarán pola Ribeira Sacra neste ano

40.000 persoas viaxaron en catamarán pola Ribeira Sacra neste ano

Este servizo, que estivo en funcionamento entre marzo e a pasada ponte de decembro, espertou un grande interese, experimentando unha subida dun 160% no número de usuarios e usuarias con respecto ao ano 2020

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo pechou na ponte de decembro a tempada de rutas en catamarán pola Ribeira Sacra tras nove meses de servizo continuado. Preto de 40.000 persoas empregaron este servizo turístico provincial que percorre o canón do Sil e o río Miño e amplía as ofertas de lecer ao aire libre que volveron ser opcións prioritarias no sector turístico deste ano 2021, que estivo aínda moi marcado polas condicións sanitarias da Covid-19.

As rutas fluviais en catamarán mantiveron un aforo do 50% da súa capacidade, cumprindo coas restricións sanitarias establecidas, ata o 8 de outubro, cando se ampliou ata o 90%. Foi o 23 de outubro cando se ampliaron os aforos ao 100%. Estas viaxes comezaron na Ponte de San Xosé, o pasado mes de marzo, dando a posibilidade nos meses de primavera e outono de gozar desta tan atractiva oferta turística, con espectáculos como a viticultura heroica.

Este servizo turístico rompe coa estacionalización do sector, afianzando unha das principais políticas provinciais, e permite xerar un efecto multiplicador no resto do territorio e na Ribeira Sacra en particular, en termos de hostalería e restauración, sendo un importante incentivo para o sector servizos, un dos máis castigados pola pandemia

Durante este ano, volveron a ofrecerse dous itinerarios para percorrer en catamarán a Ribeira Sacra: un que segue o curso fluvial do río Miño que parte do embarcadoiro de Belesar, en Chantada, e outro polo Sil, saíndo do embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos. Calquera delas son o punto de partida ideal para coñecer as peculiaridades da Ribeira Sacra, da súa historia e da súa tradición vencellada á viticultura heroica.

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...