Homesociedade'Faite un selfie' co Belén máis alto do Courel

‘Faite un selfie’ co Belén máis alto do Courel

Dende a Asociación Fonte do Milagro, no seu afán por dinamizar o Courel, convidan a subir a 'Catro Cabaleiros' para ver un nacemento moi enxebre e sacar unha foto con el.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sabemos do activa que é a asociación Fonte do Milagro de Froxán, no Concello de Folgoso do Courel, pero supéranse con cada iniciativa que presentan.

Tras a cancelación da Festa da Pisa deste ano, que supoxo un baixón moral importante para todas e todos, non se viñeron abaixo e organizaron entre a veciñanza unha pequena demostración simbólica desta tradicional celebración de exaltación do pisado da castaña.

E agora, días despois, repiten unha iniciativa do pasado ano que pon ao Courel no mapa unha vez máis. Animan a subir ao miradoiro Mesa dos Catro Cabaleiros para ver un enxebre Belén que puxeron alí dentro dunha cuba de viño.

O Belén, dentro dunha cuba de viño. Foto: Evaristo Méndez

Dende unha convocatoria na red social Facebook convidan a que toda persoa que se achegue alá mande un selfie xunto ao portaliño podendo entrar así no sorteo dun xamón. O día 6 de xaneiro será o último día para subir fotos e o día 7 farase o sorteo.

Ademais do premio ao selfie co Belén din tamén que haberá un premio especial para quen acredite ser a persoa que dende máis lonxe se achegue ao miradoiro da Mesa dos Catro Cabaleiros.

As fotos, segundo indica o Presidente da entidade Evaristo Méndez, teñen que mandarse ao seu perfil de Facebook.

MIRADOIRO MESA DOS CATRO CABALEIROS

Segundo conta a lenda este nome vén dado a que en tempos pasados neste punto reuníanse os cabaleiros dos concellos da Pobra do Brollón, Folgoso do Caurel, O Incio e Samos. Hoxe en día a tradición mantense e os alcaldes dos 4 concellos reúnense no cume para celebrar o final do ano.

No centro do miradoiro está situada unha mesa redonda con catro cadeiras, de granito, en honra ás reunións que aquí se realizaban.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...