HomesociedadeRefórzase a seguridade viaria na N-120 entre Monforte e Quiroga coa mellora...

Refórzase a seguridade viaria na N-120 entre Monforte e Quiroga coa mellora da sinalización

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a executar traballos para reforzar a seguridade viaria na estrada N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a semana pasada, aproveitando o bo tempo, o Mitma está realizando traballos consistentes no reforzo da sinalización horizontal nos treitos con dobres carrís da devandita estrada ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil e Quiroga. Concretamente, a actuación estase a realizar, desde o pasado xoves, entre os ppkk 492 a 515.

Esta obra de mellora da sinalización horizontal, que ten en execución da Unidade provincial de Estradas do Estado, supón un investimento de 44.652 euros e prevese que quedará rematada nesta semana.

Realízase o repintado de marca viaria lonxitudinal retrorreflectante de 10 cm de anchura, con pintura acrílica de emulsión, créanse resaltes sonoros de 100x50x3 mm executados con pintura termoplástica branca aplicada por extrusión e a marca viaria de 10 cm execútase con pintura acrílica vermella e microesferas de vidro.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...