Homesociedade400.000 euros para rexenerar camiños en Sober

400.000 euros para rexenerar camiños en Sober

O Concello de Sober está levando a cabo un importante plan de mellora de camiños con máis de 400.000 euros de inversión. As actuacións, que benefician a case todas as parroquias  do municipio, fináncianse con fondos propios e coa colaboración doutras administracións.

Publicado o

- Advertisement -

Finalizaron os traballos do Plan Marco de camiños 2017-2018 cunha inversión de 85.000 euros e acaba de saír a licitación o Plan Marco 2018-2019, dotado tamén con 85.000 euros. Neste caso as actuacións inclúen a renovación do camiño que vai dende Villoriz (Bolmente) por O Taro e Camilo ata Arxemil, a mellora da estrada dende Naz por Fondo de Vila ata a Lama dos Campos (Rosende), os accesos a Outeiro (Proendos) dende a estrada Sober-Doade e a estrada que comunica Francos e Sansillao dende a estrada Sober-Arxemil.

A semana pasada iniciáronse as obras de mellora da Travesía de Belan e da Rúa do Colexio que comunica a estrada Sober-Gundivós coa estrada Sober-Monforte.

Dentro do Plan de Infraestruturas vanse sacar a licitación os traballos de aglomerado da primeira fase da estrada que vai dende Vilanova en Gundivós ata O Ventorrillo en Neiras con 60.000 euros de presuposto. Pola súa banda a Deputacion Provincial acometeu a rexeneración da estrada As Gándaras Sampil en Pinol, cun orzamento de 25.000 euros.

O concello tamén acometerá nos próximos días melloras en accesos a viñedos nas Ribeiras do Sil e do Cabe cun orzamento de 25.000 euros.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...