HomesociedadeConvócase o concurso de deseño de carteis para a XLII Feira do...

Convócase o concurso de deseño de carteis para a XLII Feira do Viño de Amandi

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 10 de febreiro para enviar os seus orixinais. O certame está dotado con 600 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local do Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico coa fin de elixir o cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi, que inicialmente debe celebrarse o 9 e 10 de abril coincidindo co domingo de Ramos. A data definitiva dependerá da evolución da pandemia e será consensuada cos adegueiros que participen.

Poderá concorrer ao certame toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no patrimonio e cultura do concello. Os traballos presentados quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XLII Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man e outro material promocional. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o Concello así o considera.

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XLII Feira do Viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 9 e 10 de abril.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o 29 de decembro ata o día 10 de febreiro de 2022. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober. Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico e unha peza de Gundivós personalizada.

ÚLTIMAS

Moito que ver e facer na ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Como é habitual haberá Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá desde a...

En maio comeza a renovación da N-540 entre Chantada e Lugo, segundo anunciou a subdelegada do Goberno

A obra abrangue a rehabilitación integral do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900...

Bóveda instala 54 trampas contra a vespa velutina

Neste mes de abril instaláronse 54 trampas ao longo de todo o municipio. Este...

Mesa redonda sobre biogás este 26 de abril en Currelos

A Asociación veciñal de Vilaesteba asegura que no Saviñao queren instalar unha central de...