Homesociedade81.000€ da Deputación para o Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

81.000€ da Deputación para o Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves co presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e rexedor de Sober, Luís Fernández Guitián, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aporta 81.000€ a esta entidade para sacar adiante o Plan de Sostibilidade Turística que lle foi concedido polo Ministerio de Industria e Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Plan de Sostibilidade recolle un total de 38 liñas de actuación para abordar nas en tres anos e, entre os obxectivos, está a inclusión da Ribeira Sacra nas Rutas del Vino de España. Tamén están recollidas actuacións para mellorar a mobilidade, fomentar os transportes sostibles, apostar polas rutas vinícolas e de sendeirismo, recuperar espazos naturais ou accións formativas, todo neste territorio que vén de ser recentemente recoñecido como Reserva da Biosfera.

Esta axuda económica extraordinaria da Deputación de Lugo responde ao 40,5% da achega que deben facer os concellos, que asumen 200.000€ do total de 2M€ do proxecto. Así mesmo, súmase a outras axudas que reciben os concellos a través do Plan Único, do que poden destinar parte para cubrir a súa aportación ao Plan de Sostibilidade Turística. Os 13 concellos da Ribeira Sacra lucense reciben da Deputación de Lugo a través do Plan Único un total de 4,3M€.

Ao acto asistiron, ademais do rexedor de Sober, os alcaldes de Portomarín, Taboada, Carballedo, Pantón, Ribas de Sil, Quiroga e Paradela, e a primeira tenente de Alcalde de Monforte de Lemos.

“Con este acorto garantimos a execución deste paquete de medidas que lle outorgou o Goberno de España ó Consorcio da Ribeira Sacra co obxectivo de impulsar a transformación deste destino turístico cara a sustentabilidade”, explicou o mandatario provincial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...