HomesociedadeOs Reis Magos visitan Quiroga o día 5

Os Reis Magos visitan Quiroga o día 5

Ás seis da tarde do día 5, partindo das inmediacións da Casa da Cultura recorrerán a rúa Real. Nesta ocasión non irán nas súas tradicionais carrozas, pero si o farán nuns orixinais coches que os levarán pola vila quiroguesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente achegaranse novamente este ano ata Quiroga. A comitiva pasará moi despazo para que todos os nenos que agarden nas beirarrúas, gardando a distancia de seguridade na medida do posible, os poidan ver.

Irán acompañados de tres paxes, un por cada rei, que provistos de guantes e utilizando continuamente xel desinfectante, entregaranlle a cada neno e nena unha bolsa de lambetadas.

Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, terán tempo para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e de achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudarán dende fora aos residentes, como medida preventiva.

Tamén está previsto que sexan eles os que entreguen os premios aos nenos e nenas gañadores do Concurso de postais e do Certame de poesía de Nadal.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...