HomesociedadeNon haberá servizo de tren entre Monforte e Lugo ata maio

Non haberá servizo de tren entre Monforte e Lugo ata maio

Adif anuncia que obras nas vías que impedirán a realización do servizo ferroviario durante cinco meses.

Publicado o

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido entre este 10 de xaneiro e o 10 de maio de 2022 debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Por iso, Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

En concreto, Renfe estableceu un plan alternativo por estrada desde as 8,00 horas do día 10 xaneiro ata as 14,00 horas do 10 de maio. Respecto diso, indicou que se ofrece a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional –se é para a mesma clase, no caso de modificalos–, “se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes”. Con todo, Adif e Renfe “lamentan as molestias ocasionadas aos viaxeiros”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...