HomesociedadeEduemprende Actúa no IES A Pinguela

Eduemprende Actúa no IES A Pinguela

O IES A Pinguela de Monforte vén de ofrecerlle ó alumnado de Administración e de Bacharelato con Economía unha interesante conferencia, que forma parte do programa de Eduemprende Actúa, organizada polo IGAPE sobre o emprendemento e a importancia de contar cun bo plan de Empresa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaron da conferencia Fátima Rodríguez Figueiras, da empresa de consultoría PROMOVE, e Juanjo Rodriguez Castaño, responsable de COSTA SACRA, dedicada á exportación de viños e licores, sobre todo da Ribeira Sacra, a Costa Rica e dentro de moi pouco a outros países de Centroamérica.

Juanjo, emprendedor mozo monfortino, foi alumno deste centro, polo que desde o IES A Pinguela aseguran que “é un dobre orgullo ó poder celebrar os seus éxitos empresariais. Desexámoslle forza para que siga animado a conquistar América sendo á vez un fantástico embaixador dos produtos e paisaxes desta nosa comarca de Lemos.”

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...