HomesociedadeA adega da vendima nocturna obtén dous ouros na Guía Paadín

A adega da vendima nocturna obtén dous ouros na Guía Paadín

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adega EDV2015 foi pioneira na Ribeira Sacra en facer vendimas nocturnas nas uvas brancas. Pablo González anunciou que a adega sacará cousas novas, catro ou cinco proxectos nos que están traballando, un destes proxectos que verán a luz dentro duns meses terá que ver con esas vendimas nocturnas.

Esta adega vén de recibir ademais dúas medallas de ouro da Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia, por dous dos seus viños do ano 2020. Os viños premiados son un tinto e un branco Don Cosme 2020. Para Pablo González da adega EDV 2015 este premio significa “ir polo camiño correcto”. Máis que un tema de ventas – matizou – “é un tema de dar ánimo e de seguir nesa liña, poñendo a nosa zona e a nosa comarca onde está e sobre todo onde debe estar que é moito máis arriba”.

Gonzalez fixo fincapé en que a medalla de ouro para o seu godello Don Cosme 2020 é moi positiva. Algo que argumentou en que Quiroga é unha das zonas de máis produción da uva branca polo que a DO Ribeira Sacra deber estar tamén posicionada cos Godellos, que vai máis lenta que cos Mencía, pero no que está traballando pouco a pouco.

Esta distinción coa medalla de ouro implica tamén a participación en accións de promoción de todos os viños que se publican nesta guía de viños. A guía Paadín recopila información sobre diferentes mostras catadas e premiadas, superando máis de mil referencias de viños de Galicia, ademais de ofrecer información sobre as diferentes variedades ancestrais galegas.

A colleita do pasado ano  é, a nivel de calidade, das mellores que entraron nesta adega nos últimos 7 ou 8 anos, como recalcou Pablo González. Matizou que “é certo que baixamos un pelín o grado da media habitual, pero ganamos en aromas e en colores dos viños”.  Apuntou que unha das formas de ir cara o futuro nos nosos viños e facer vendimas un pouco máis anticipadas o que permite facer vendimas máis sas ”.

   

ÚLTIMAS

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...