IniciosociedadeO CEIP de Quiroga e o IES A Pinguela de Monforte, premios...

O CEIP de Quiroga e o IES A Pinguela de Monforte, premios por educación inclusiva

A Xunta instaurou estes premios co obxectivo de impulsar, difundir e compartir accións de atención á diversidade nas aulas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade teñen por obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Trátase, deste xeito, de promover unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa a creación de contornas e culturas inclusivas.

Na categoría A, destinada a Educación Infantil e Educación Primaria, o 1º premio é para o colexio CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol), o 2º para o colexio CEIP de Quiroga e o 3º para o colexio CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas).

No caso da categoría B, destinada a Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial, o IES de Melide recibe o 1º premio, o IES A Pinguela (Monforte de Lemos) o 2º e o IES de Pastoriza (Arteixo) o 3º.

Os centros galardoados co primeiro premio recibirán 5.000 €, os que obtiveron o segundo 2.500 € e os do terceiro 1.000 €. A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación, tendo en conta aspectos como a calidade das accións, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, a repercusión no proceso de ensino-aprendizaxe, a avaliación das accións, ou a súa repercusión a nivel de centro.

CEIP de Quiroga

No CEIP de Quiroga, o proxecto elixido foi Escola Inclusiva, onde o centro entende a educación inclusiva como un proceso dialéctico entre a presenza, a aprendizaxe e a participación. Coa liña Traballar a diversidade a través das contornas virtuais de aprendizaxe, todo o grupo é consciente das vantaxes que supón dotar ao alumnado de competencias para a vida, para desenvolver capacidades do alumnado e brindar a oportunidade de aprendizaxe para toda a comunidade educativa. Propoñen unha serie de actividades como a celebración de conmemoracións do día das persoas con discapacidade, o día internacional contra a violencia de xénero, un obradoiro de braille, lingua de signos americana na área de inglés, práctica de diferentes deportes paralímpicos ou gravación de vídeos en lingua de signos española onde se relatan poemas.

IES A Pinguela de Monforte de Lemos

O IES A Pinguela (Monforte de Lemos) obtivo o segundo premio co proxecto Pinga a pinga, centrado na atención á diversidade educativa e cultural que inclúe obradoiros de igualdade de xénero, de valoración persoal e autoestima e de resolución pacífica de conflitos. Tamén se traballa a xestión da ansiedade no seu alumnado así como a prevención de adiccións

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...