HomesociedadeUn 2021 histórico para Monforte en turistas e peregrinos

Un 2021 histórico para Monforte en turistas e peregrinos

Máis de 20.000 persoas atendidas en 2021 na Oficina municipal de Turismo de Monforte e 1.450 visitas rexistradas na Oficina do Peregrino desde a súa apertura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co paréntese do 2020, os datos do ano 2021 son mellores que os dos anos 2017, 2018 e 2019, anos nos que non existía a pandemia. Máis de 20.000 persoas atendidas en 2021 na Oficina municipal de Turismo de Monforte. Os datos de anos anteriores foron:
• En 2017: 14.922 persoas
• En 2018: 14.851 persoasPrensa
• En 2019: 15.237 persoas
• En 2020: 9.127 persoas
• En 2021: 20.454 persoas

Os baixos datos que se dan no ano 2020, veñen causados pola maior incidencia do Coronavirus, que obrigou a parar moitas actividades relacionadas coa interactuación presencial e que cortou o fluxo de visitantes e turistas durante moitos meses dese ano e tamén en períodos de 2021

Porcentualmente, en 2021 atendeuse a un 124,10% máis de visitantes que en 2020, un 34,24% máis que en 2019, un 37,72% máis que en 2018 e un 37,07% máis que en 2017. Tamén e salientable a incidencia por meses, especialmente os relacionados co período estival.

En concreto estes datos históricos destacan no período que vai dende os meses de xuño a outubro, ambos incluídos. No 2021 alcanzáronse as 18.221 persoas atendidas nestes 4 meses: 1.178 persoas en xuño, 4.285 en xullo, 7.235 en agosto, 3.518 en setembro e 2.005 en outubro, sendo en cada un destes meses, as cifras máis altas acadadas nos últimos anos en cada caso.

“Creo que son uns excelentes resultados turísticos, especialmente os dos meses de xullo (4.285 persoas) e agosto (7.235) de 2021, a pesar de que a incidencia da pandemia nos obrigou a cancelar eventos tan importantes como o Festival do Viño, o Verán Cultural ou as Festas Patronais, o que significa que a xente apostou polo turismo de interior, apostou polo turismo seguro da Ribeira Sacra, e estes datos confirman a satisfacción que mostraban os hostaleiros” salientou Tomé Roca.

En canto a procedencias, Madrid é a comunidade que mais turistas aportou en todos os meses, seguida de Galicia, Pais Vasco, Castela e León, Extremadura ou Valencia. Respecto ó turismo internacional, Portugal e Francia ocupan o primeiro posto en canto a visitantes, seguidos de Bélxica, Italia, Reino Unido, Andorra ou países de América Latina como Bolivia, México ou Arxentina.

A Oficina de Atención ó Peregrino de Monforte

Esta Oficina do Peregrino abriu as súas portas o pasado mes de setembro de 2021. Antes da súa apertura, os peregrinos e persoas interesadas no Camiño de Inverno eran atendidos na Oficina de Turismo.
Así, os datos de atención especificamente relacionados con peregrinos do Camiño de Inverno ata a apertura da Oficina do Peregrino son:
• Ano 2017: 172 persoas atendidas.
• Ano 2018: 297
• Ano 2019: 412
• Ano 2020: 159
• Ano 2021 ata o 14 de setembro: 322
• Ano 2021 dende o 14 de setembro (cando se abre a Oficina do Peregrino) ata decembro: 1.450
• Total ano 2021: 1.772

Oficina do Peregrino Monforte / XdL

Das 1.450 visitas rexistradas dende a apertura da Oficina do Peregrino, 1.080 foron público interesado do Camiño e 370 especificamente peregrinos. En concreto, no que atinxe a peregrinos, o 81% do total (300) son de orixe nacional. Dentro de España, a comunidade que máis peregrinos aporta é Galicia (64), seguida de Cataluña (38) e Madrid (33).

En canto a peregrinos procecentes doutros países, a maioría proveñen do ámbito europeo destacando a Portugal (15), Malta (13) e Alemania (6) pero tamén hai unha importante presenza do continente americano con Porto Rico (7) e Estados Unidos (6). Finalmente, o 93% (345) dos peregrinos realizaron o Camiño a pé mentres que só un 7% (25) fíxoo en bicicleta.

A gran maioría dos peregrinos do Camiño de Inverno fixeron con anterioridade algún outro Camiño, sendo un perfil de peregrino veterán, co Camiño Francés en primeiro lugar co 54,39% (229), seguido polo Camiño Primitivo co 26,85% (113) e o Camiño Portugués co 18,76% (79).

José Tomé Roca recordou que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que da boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking dos 10 lugares únicos en Galicia”.

Finalmente, o Alcalde manifestou que “se a pandemia nos deixa volver á normalidade, no 2022 volveremos a alcanzar cifras históricas, xa que a recuperación de grandes eventos como o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as nosas Festas Patronais, e outros eventos, contribuirán decisivamente a captar visitantes e turistas para Monforte”.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...