HomesociedadeA xerente da SEA visita Chantada para coñecer a demanda de chan...

A xerente da SEA visita Chantada para coñecer a demanda de chan industrial

A xerente de "Suelo Empresarial do Atlántico", Beatriz Sestayo, desprazouse ao Concello de Chantada para abordar co alcalde a situación empresarial do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial do Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes desprazouse este martes, 18 de xaneiro, a Chantada para coñecer a situación empresarial da localidade. Beatriz Sestayo reuniuse co alcalde, Manuel Lorenzo Varela, para analizar a posible demanda de chan industrial e afondar no tecido empresarial da zona.

Beatriz Sestayo supervisou tamén a área industrial que, na actualidade, conta con dúas fases e nas que se sitúan ao redor de 20 empresas, entre elas, algunhas tan coñecidas como Galletas Daveiga. Este polígono dispón na actualidade de só unha parcela industrial dispoñible.

A xerente fixo entrega ao Concello do vídeo promocional sobre a localidade e o polígono industrial elaborado por “SEA” e que se difundirá nos distintos foros empresariais.

Ademais de en Chantada, “SEA” xestiona tamén os parques empresariais de Rábade, Monforte e Mondoñedo (Lugo); A Laracha, Malpica, Vimianzo, Cee, Muros, Rianxo e A Pobra do Caramiñal (A Coruña) e Catoira e Vilanova de Arousa (Pontevedra), que suman máis de 4 millóns de metros cadrados.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...