HomesociedadeQuiroga prepárase para o entroido que terá o 27 de febreiro o...

Quiroga prepárase para o entroido que terá o 27 de febreiro o desfile de comparsas

Á espera do protocolo que anunciará a Xunta de Galicia para a celebración destas festas, a organización puxo riba da mesa unha folla de ruta igual ca de anos anteriores para celebrar o entroido en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Entroido celebrarase en Quiroga o domingo, 27 de febreiro, cun desfile de comparsas. En vindeiros días abrirase o prazo para que as comparsas que desexen participar no desfile, así como os disfraces individuais, poidan anotarse.

Participar no desfile como é habitual terá premio. Un xurado composto por un membro de cada comparsa participante, valoraría especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza. Os premios mantéñense tamén na contía de anos anteriores:  600 euros para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e  200 para a terceira. Aparte destes tres premiados, o resto das comparsas participantes recibirán 100€ e haberá un único premio de 60 € para o mellor disfrace individual. A música dunha charanga animará tamén o desfile e a festa ao seu remate diante da casa consistorial.

Pero este non será o único día de entroido posto que se traballa nalgo específico para os máis pequenos e tamén para os maiores, que o martes de entroido poderán merendar nas instalacións do centro social orellas de entroido e sangría.

A comisión organizadora matizou que en todas estas actividades programadas seguirase o protocolo que anunciou a Xunta de Galicia para estas festas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...