HomesociedadeConde visita o Polígono dos Acivros en Chantada e destaca a xeración...

Conde visita o Polígono dos Acivros en Chantada e destaca a xeración de emprego do rural

O vicepresidente económico achegouse ao polígono industrial dos Acivros para supervisar as obras que se acometeron nos últimos meses por 1,1M€ e nas que contou co apoio da Xunta, que achega máis do 80 por cento (884.000 euros): a mellora da subministración eléctrica e a ampliación da EDAR, para contribuír, así, á chegada de novas empresas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou este venres, 21 de xaneiro, o parque industrial de Chantada e a empresa Daveiga, aos que se referiu como dous exemplos das capacidades instaladas en Galicia para xerar emprego e riqueza no rural. Daveiga é unha empresa especializada na produción das recoñecidas galletas mariñeiras —das que elabora cada día 4000 quilos— e que está a ampliar as súas instalacións en máis de 5.000m². Conde cualificouna como unha empresa comprometida coa calidade, os traballadores e o territorio á que a Xunta leva apoiado no seu proceso de dixitalización e internacionalización.

A subministración eléctrica e as melloras de depuración son actuacións que a Xunta leva apoiado a través das liñas de axuda para a mellora dos parques empresariais de Galicia, consciente de que é clave para favorecer a actividade das empresas asentadas e das que buscan instalarse nunha área industrial que responda ás súas necesidades.

Francisco Conde no Polígono dos Acivros xunto ao Alcalde de Chantada.
Foto: Prensa Xunta de Galicia

Modernización das infraestruturas dos polígonos empresariais galegos

Este ano son máis de 8M€ os que a Administración autonómica destina en toda Galicia para modernizar as infraestruturas dos polígonos empresariais galegos, tanto viarias como de xestión de residuos, depuración de augas ou sistemas de vixilancia e antiincendios (3,2M€). Tamén para apoiar a construción, a reforma ou o equipamento de naves nas cales se vaian implantar viveiros industriais (1,5M€). E para desenvolver melloras enerxéticas (3,6M€), como o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica; ou, como novidade este ano, para a instalación de servizos de subministración de gas e hidróxeno.

Trátase de tres liñas axudas, que se convocarán o vindeiro 26 de xaneiro, para impulsar a competitividade económica dos concellos galegos que contribúen a captar novos investimentos cara o tecido produtivo. Desde a súa posta en marcha, permitiron impulsar 690 proxectos de mellora e modernización de infraestruturas, viveiros industriais e proxectos de redes de distribución.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...