HomesociedadeA Torre da Homenaxe e o patrimonio sefardí de Monforte en Fitur

A Torre da Homenaxe e o patrimonio sefardí de Monforte en Fitur

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou durante o transcurso da feira Fitur nun acto promocional no stand da Red de Juderías, no que estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a xerente da Red, Marta Puig. O rexedor tamén participou nun acto promocional no stand da Asociación Castillos y Palacios de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde puxo en valor a aposta decidida que o Concello leva facendo ó longo dos últimos anos por dar a coñecer e promocionar o pasado xudeu da cidade, dende que Monforte entrou a formar parte da Rede de Xudarías no ano 2001. Tamén salientou a crecente potencialidade que a Ribeira Sacra e Monforte de Lemos, están tendo como destinos turísticos en auxe.

Monforte e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que dá boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking da Xunta dos 10 lugares únicos en Galicia”, destacou Tomé Roca. O rexedor subliñou a importancia que ten, como ferramenta de promoción, a Guía das Xudarías Galegas.

O Alcalde tamén aproveitou a súa visita a Fitur para participar nun acto promocional no stand da Asociación Castillos y Palacios de España, á que pertence o Concello de Monforte, a través da Torre da Homenaxe, onde mantivo un encontro de traballo co presidente de dita Asociación, Javier Fitz-James Stuart, co que departiu sobre a oferta e o potencial turístico de Monforte e da Ribeira Sacra.

Desta forma, José Tomé resaltou “a potencialidade da Torre da Homenaxe, un dos emblemas máis selleiros da cidade de Monforte que se erixe na cima do val de Lemos presidindo o Conxunto monumental de San Vicente do Pino, e que é ademais un miradoiro privilexiado, e lugar de visita por excelencia de todos os que se achegan á nosa cidade”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...