HomesociedadeInaugúrase en Santiago a exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Castro...

Inaugúrase en Santiago a exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Castro Caldelas e Monforte de Lemos”

A mostra que se poderá visitar gratuitamente, ata o 16 de febreiro atópase na sede do IEGPS, na rúa San Roque 2. Consta de 16 paneis e o seu labor é divulgar o patrimonio histórico de ambos os castelos e dos seus señores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” (IEGPS), centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, inaugurou este mércores en Santiago de Compostela a exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra, Castro Caldelas e Monforte de Lemos”, que permanecerá aberta ata o 16 de febreiro en horario de 10.00 a 20.00 horas.

Trátase dunha mostra conxunta que reúne as dúas exposicións exhibidas recentemente en Castro Caldelas, baixo o título “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Castro Caldelas” (5-19 novembro) e Monforte, baixo o título “Os nosos castelos da Riberia Sacra: Monforte” (26 de novembro -10 de decembro).

Ao redor de ditas exposicións organizáronse concursos escolares de debuxo e impartíronse talleres de heráldica para o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria de centros educativos das devanditas localidades. Os seus obxectivos pasan por colaborar coas institucións locais na difusión do patrimonio histórico e monumental dos castelos; concienciar á sociedade acerca da importancia de conservar e valorar este tipo de elementos e, en xeral, potenciar a divulgación histórica de Castro Caldelas e Monforte, tanto na súa área xeográfica como fóra dela.

Foto Monforte exposición / cedida polo concello de Monforte

A mostra está deseñada polo grupo de investigación “Historia Social do Poder”, que desenvolveu nas últimas décadas proxectos de investigación do patrimonio histórico e documental de Galicia. “Decidimos facer unha exposición divulgativa destes castelos por varias razóns. En primeiro lugar, as dúas fortalezas están en bo estado de conservación e son visitables. En segundo lugar, ambas foron fortalezas dos Castro, unha das liñaxes máis importantes de Galicia entre os séculos XIV e XV”, explican os coordinadores da actividade.

Ademais, como iniciativa complementaria, o IEGPS puxo en marcha unha páxina web onde os usuarios poden visualizar os paneis divulgativos das exposicións, coñecer as principais biografías de personaxes históricos relacionados coas fortalezas a finais da Idade Media (séculos XIV- XVI), consultar galerías de fotografías de ambos os castelos e os debuxos galardoados nos concursos escolares sobre o castelo de Castro Caldelas e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...