HomesociedadeToma de posesión de 3 novos policías locais en Monforte

Toma de posesión de 3 novos policías locais en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu a toma de posesión coma funcionarios de carreira de tres novos policías municipais da cidade do Cabe, que pasan a pertencer ó cadro de persoal do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tres novos axentes da Policía Local de Monforte son Iván Pérez Nogueira, do Carballiño, Francisco Cao de Jesús, da Estrada, e Adrián Conde Castro, natural de Lugo. Deste xeito, xa ocupan a súa praza no Concello de Monforte, encadradas na escala de Administración Especial, escala básica, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

Neste acto, o Alcalde aproveitou tamén para departir cos 3 sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas futuras funcións na cidade e no conxunto do Concello. E tamén lles desexou moita sorte nesta nova etapa que comezan ó servizo dos cidadáns de Monforte.

Tras superar o correspondente proceso selectivo convocado polo Concello en 2021, os tres axentes iniciaron as súas prácticas no municipio dende o 12 de xullo ata o 5 de setembro. A continuación, incorporáronse á Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada para completar a súa formación, dende o 6 de setembro ó 22 de decembro.

Para rematar, levaron a cabo un último período de prácticas dende o 23 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2021, superando todo o proceso de xeito satisfactorio.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...