Homesociedade38 voluntarios na xornada de erradicación de mimosas que se desenvolveu en...

38 voluntarios na xornada de erradicación de mimosas que se desenvolveu en Villasivil

Este sábado desenvolveuse no Courel, no lugar de Villasivil a xornada de erradicación de mimosas que promoveu Caurel Vivo. Contou con 38 voluntarios que erradicaron 2 matas na localidade de Villasivil, matas que de non atallalas estábanse a estender cara o souto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xornada falouse da importancia desta actividade, así como a pouca preocupación que as administracións locais teñen sobre esta especie, que a Xunta ten declarada como invasora. “Mesmo desde a Xunta se sacaron axudas para erradicalas, e desde CV se solicitou de forma expresa ó Concello, que as solicitase. Son axudas de ata 30.000€ para erradicar especies invasoras e cada ano que pasa será un problema máis grave,” sinalan.

Mimosas xornada erradicación (despois) / C@urel Vivo

Desde Courel Vivo afirman que se o concello segue sen ver a necesidade de erradicar as matas existentes, seguirán a facer xornadas alí onde a veciñanza e propietarios das mesmas, o soliciten e a Xunta o autorice. 

A organización agradece a participación dos voluntarios “que  nalgúns casos fixeron horas de camiño para colaborar na eliminación destas matas que tiñan uns 440m2 de superficie.” 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...