HomesociedadeAs "irregularidades" na xestión do SAF de Chantada volven a pleno o...

As “irregularidades” na xestión do SAF de Chantada volven a pleno o día 10

O SAF de Chantada tiña solicitado ao concello de Chantada que unha traballadora do SAF puidese intervir no pleno para dar contar das irregularidades na xestión do servizo por parte da empresa Samaín, con sentezas xudiciais en contra; pero aseguran que o equipo de goberno non permite esa intervención, polo que o fará a oposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A saúde e dereitos das traballadoras, xunto co das usuarias que tamén están a sufrir un servizo inadecuado, é algo que non lle preocupa a este goberno municipal. Pero a oposición intervirá na nosa defensa, lendo o documento no que comentamos todas as irregularidades,” sinalan desde o SAF.

As traballadoras deste servizo fixeran unha petición formal ó concello para que a compañeira Elisabeth, unha das despedidas, cuxo despido foi anulado pola xustiza, intervira no pleno para dar a coñecer “a situación e a indefensión na que se atopan as traballadoras ante os reiterados incumprimentos por parte da empresa SAMAIN.”

As traballadoras do SAF aseguran que os motivos son mais que suficientes para solicitar o cese da concesión e que o servizo volva a ser público “para beneficio de todos.”

Esixen a remunicipalización do servizo de atención no fogar e recuperar unha atención de calidade para todas as usuarias, e cese a temporalidade coa que se está a prestar o servizo. Unha temporalidade que a sofren tamén as persoas usuarias que ven como cada día son atendidas por unha traballadora diferente na meirande parte dos casos.

Desde o SAF con respecto ao pleno do día 10 afirman, “Alí estaremos, e queira ou non, escoitará as nosas denuncias de man da oposición que si se preocupa polo servizo e a saúde das traballadoras e usuarias.”

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...