HomesociedadeO delegado do Goberno amosa en Sober o compromiso do Goberno coa...

O delegado do Goberno amosa en Sober o compromiso do Goberno coa Ribeira Sacra

José Miñones desprazouse ata o Concello de Sober coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e mantivo unha entrevista co alcalde, Luis Fernández. Con el visitaron as instalacións da Biblioteca Pública Municipal, que acadou un dos premios nacionais María Moliner, concedidos polo Ministerio de Cultura, polo seu traballo de dinamización na lectura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Miñones subliñou o compromiso do Goberno “cos concellos rurais, coa garantía de servizos á súa cidadanía e coa sostibilidade das actividades económicas e do turismo nestas zonas”. E puxo a Sober como exemplo de como o Goberno está a avanzar “hacia a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades no territorio”.

O delegado coñeceu o estado dos programas que financian distintos Ministerios en Sober e amosou o seu convencemento de que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e o Plan de 130 Medidas contra o Reto Demográfico marcarán un punto de inflexión para unha maior calidade de vida no rural.

José Miñones repasou co alcalde de Sober, que é tamén presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, os avances no Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra, que conta coa financiación de 850.000€ por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O Plan vén de cumplir o seu primeiro ano de vixencia no que se puxeron en marcha medidas de mobilidade sostible, distintivos de calidade turística, melloras de sinalización e deseñaron iniciativas que se executarán ao longo deste ano.

Tamén abordaron a participación de Sober no último acordo do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 polo que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destinará 100.000 euros para apoiar a rehabilitación de 16 vivendas na ARI deste Concello. O delegado destacou que Sober é un dos nove municipios da provincia de Lugo que se benefician deste reparto de fondos, e que, coa aportación da Xunta, do concello e dos particulares perceptores das axudas, mobilizará investimentos superiores aos 280.000 euros en Sober.

Dixitalización e Eficiencia Enerxética

Sober benefíciase da primeira convocatoria do Programa ÚNICO-Banda Ancha do Ministerio de Asuntos Económicos e Avance Dixital para a extensión da banda ancha. A convocatoria foi adxudicada a Telefónica, que deberá levar a banda ancha de última xeración ata 914 vivendas e empresas deste concello que ata agora carecían deste servizo. O delegado do Goberno engadiu que na provincia de Lugo o Plan Único mobilizará 16,3 millóns en proxectos con 10,2 millóns aportados polo Estado.

Sober tamén se beneficiou das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica para proxectos de trasncición enerxética en entidades locais. Estas axudas permitiron ao Concello de Sober acometer a renovación do alumeado público municipal coa concesión máis de 500.000 euros para desenvolver en tres fases os proxectos de instalación de luces tipo LED e renovación de instalacións e cadros eléctricos en todo o municipio.

Colaboración en formación a distancia

O delegado tamén destacou o recente convenio asinado entre o municipio e o Ministerio de Educación para a posta en funcionamento dunha Aula Mentor. “Trátase dun programa de formación a distancia que ofrece a aqueles mozos e adultos que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación avanzar na formación e obter competencias profesionais”, explicou.

“Estamos falando de programas e investimentos que reflicten o compromiso do Goberno de España co municipalismo, para lograr que concellos como Sober sexan os protagonistas, melloren os seus servizos e resulten atractivos para atraer poboación e actividade económica”, concluíu.

ÚLTIMAS

A ‘Carne ao Caldeiro’ en Castro de Carballedo sabe mellor

Castro de Carballedo será mañá, domingo 13 de abril, o destino escollido para moitos...

435.000€ para melloras no colexio Xoán de Requeixo en Chantada

O titular de Educación do Goberno galego subliñou a importancia que esta intervención suporá...

O BNG denuncia que o PP incumpre a lei ao non dotar de médico o servizo de HADO do Hospital de Monforte

O BNG explica que esta categoría regulouse co Decreto 34/2021, pero en Monforte a...

Nova concentración na N-540 para esixir do Goberno Central o seu arranxo inmediato

O Grupo Provincial Popular participou este venres na concentración da N-540, mobilizacións que promove...