HomesociedadeO 16 e 17 de abril celebrarase a primeira Feira do Viño...

O 16 e 17 de abril celebrarase a primeira Feira do Viño de Quiroga con adegas industriais

Séguense dando pasos na organización da XL Feira do Viño de Quiroga. A data xa está marcada para o 16 e 17 de abril, coma sempre en Semana Santa, se as circunstancias o permiten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2019 decidíase abrir a participación a adegueiros profesionais pero a pandemia sanitaria que impediu que se levara a cabo esta festa, fixo que aínda non se puidese materializar aquela decisión que este ano agarda facerse realidade.

A comisión organizadora do evento xa comezou a poñerse en contacto con todas as adegas da subzona Quiroga – Bibei que forma parte da D.O. Ribeira Sacra. Algunhas das adegas xa confirmaron a súa presenza na festa de exaltación dun dos produtos máis importantes do noso municipio.

“É o momento de poñer en valor esta subzona” – afirmou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez– “posto que produce case o 50% de todo o viño da Denominación de Orixe, tendo o maior número de hectáreas adicado a este cultivo, (soamente Quiroga, en datos do consello regulador do ano 2020, ten 238’45 hectáreas de viñedo)”.

Por diante quedan máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscricións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar as innumerables actividades que van aparelladas a unha festa tan importante para Quiroga.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...