HomesociedadeEcoloxistas en Acción Sarria-Monforte apoia aos axentes forestais e denuncia os ataques...

Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte apoia aos axentes forestais e denuncia os ataques recibidos

Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte lanza un comunicado de apoio aos axentes forestais e denuncia os ataques recibidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte comezan afirmando que moi poucas veces fálase do traballo dos axentes forestais e dos riscos que este conleva. Hai uns días, un axente forestal foi agredido cunha forca na cara por un individuo identificado como o causante de provocar un incendio en Oza-Cesuras (A Coruña). Por tal motivo, centos de axentes forestais e ambientais de Galicia concentráronse nos distintos distritos para mostrar a súa repulsa pola agresión sufrida a un dos seus compañeiros o pasado 2 de febreiro e pediron que se poña fin a unha situación que se repite con frecuencia. Precisamente o mesmo día que se producía a agresión en Oza-Cesuras, outro axente acudía ao xulgado de Verín a declarar contra un veciño que tiña unha plantación ilegal de eucaliptos e que o ameazaba de morte.

“Parece ser que cando un axente forestal realiza a tarefa que lle é propia: vixiar e protexer o medio natural e velar polo cumprimento da lei, a súa propia integridade física pode chegar a poñerse en perigo.” sinalan deste o colectivo.

Ecoloxistas en Acción Sarria Monforte quere amosar o seu agradecemento a quen realiza este labor cunha implicación que transcende o meramente profesional. Así mesmo, solicita un apoio claro e contundente por parte da Xunta para estes axentes, xa que se puxo de manifesto que, desgraciadamente, necesitan protección cando realizan o seu traballo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...