HomesociedadeOs bancos temáticos súmanse aos murais en Quiroga

Os bancos temáticos súmanse aos murais en Quiroga

O primeiro banco ao que se lle dará unha nova imaxe verase o día 8 de marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, despois seguiranlle outros con outras cores e motivos diferentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga vai cambiar o equipamento urbano que se atopa máis deteriorado e aproveitará para darlle unha nova imaxe. Escolleranse algúns dos bancos cos que conta a vila para pintalo dunha maneira diferente, en alusión a unha data sinalada, un  personaxe, un lugar ou un produto (viño, aceite, mel) relacionado co municipio.

O goberno municipal aínda non determinou cantos serán os bancos que entren dentro deste proxecto, dependerá en boa medida do mobiliario urbano que precise renovarse e para o que se conta cun orzamento de  48.000 € con cargo ao Plan Único Provincial.

Esta nova imaxe, máis colorida nalgúns puntos da vila, quere ir acorde coa arte urbana, “Arte no ar”, que a través de murais de grandes dimensións locen nas fachadas da vila de Quiroga formando parte dunha nova ruta dentro do casco urbano.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...