HomesociedadeA aula forestal Os Trollos quere ser un referente no impulso de...

A aula forestal Os Trollos quere ser un referente no impulso de frondosas e nos aproveitamentos non madeireiros

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, visitou este martes -acompañado do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e do xefe territorial do Servizo de Montes de Lugo, Miguel Cela- a aula forestal Os Trollos, xestionada pola Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Luis Chan sinalou que a Xunta busca converter a aula forestal Os Trollos nun referente á hora de impulsar as frondosas autóctonas e os aproveitamentos non madeireiros, na provincia de Lugo en xeral e na Ribeira Sacra en particular.

Unha vez se aproben os plans estratéxicos das frondosas autóctonas e dos soutos de castiñeiro e da castaña, no marco dos obxectivos fixados no Plan Forestal de Galicia 2021-2040, definiranse liñas concretas de traballo coa aula forestal Os Trollos, tanto orientadas á divulgación como á formación. Nesa dirección, tamén se incidirá no fomento das potencialidades que ofrecen os aproveitamentos non madeireiros, sobre todo os cogomelos.

Na visita, o director xeral tamén adiantou a redacción dun proxecto para a recuperación do material de alto valor xenético existente na superficie do viveiro e para a mellora das instalacións, que contan con 30 hectáreas concibidas para a realización de actividades de educación e divulgación dirixidas ao público en xeral, pero especialmente á xente nova.

Plan Forestal 

No marco da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia “Cara á neutralidade carbónica”, a Xunta comprométese ao incremento das masas de frondosas caducifolias, para que a superficie total ocupada por este tipo de especies acade as 425.000 hectáreas no ano 2040.

No caso do castiñeiro, prevese aprobar un plan estratéxico para a promoción dos soutos e da castaña. Nese senso, tamén se proxecta a recuperación de ata 8.000 ha de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación deica o ano 2040, a creación doutras 8.000 hectáreas de novas superficies de soutos para a produción principal de castaña e, por último, outras 8.000 ha de novos soutos para a produción de madeira.

ÚLTIMAS

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de...

Cousas Xacobeas: O Camiño en San Salvador da Pinza (I)

Nesta freguesía o camiño ten unha lonxitude de 1.706 metros e atravesa o lugar...

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...