HomesociedadePostes de telefonía caídos nun rural abandonado

Postes de telefonía caídos nun rural abandonado

A asociación de veciños/as de Vilachá de Salvadur denuncia o abandono ao que os someten as empresas e solicitan a solución ao problema o máis axiña posible. "Nunha cidade unha avaría deste tipo estaría resolta en horas. Aquí levamos máis de 40 días agardando."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur no concello da Pobra do Brollón asegura que hai máis dun mes que deu aviso da caída dun poste da telefónica. O poste situado no acceso ao castro do Castrelao impide o paso dos vehículos. O Concello da Pobra do Brollón deu parte á compañía responsable o mesmo día en que a veciñanza deu aviso, pero máis dun mes despois a situación segue igual, “un poste partido pola metade, un cableado practicametne a ras de solo e un camiño cortado. Ademais disto tamén existe o perigo de que parta o poste do outro lado,” sinalan desde a asociación.

Insisten desde a asociación en que este tipo de avarías que suceden no rural tardan sempre moito tempo en ser arranxadas. As empresas non teñen interese en resolver o problema cando se trata de núcleos rurais. E lembran que non hai moito sucedeu exactamente o mesmo na veciña parroquia de Liñares (A Pobra do Brollón), “un poste impedía o tránsito de vehículos, incluídos os de emerxencias ou outros como a recollida do lixo. Así estiveron tamén máis dun mes.”

“Unha zona coma a Ribeira Sacra que está xerando tanta expectativa a todos os niveis e o pulo turístico que está vivindo non pode permitirse o abandono que vive o rural. Porque son precisamente os habitantes destas zonas os que manteñen vivo e coidado o territorio,” conclúen.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez   que, querendo...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....