HomesociedadeQuedada de motos no 'Estase Cocendo' o 12 de marzo

Quedada de motos no ‘Estase Cocendo’ o 12 de marzo

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, a seguinte, unha quedada de motos para o día 12 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A quedada de motos levarase a cabo este sábado a cargo do guía José Castiñeira. Sairá dos Escolapios ás 10:30 horas, fará un percorrido cara O Courel e Quiroga, localidade onde se comerá un cocido no restaurante Chapakuña 3 (o prezo da comida é de 15 euros), e, xa pola tarde, visitaranse as adegas centenarias de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón. 

Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través dos teléfonos 982 412 050 e 639 209 908.

En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan realizar a quedada de motos, será aprazada para o domingo 20 de marzo. Desde a Apehl comunicarase a decisión co tempo necesario.

AQUÍ, toda a información de lugares e propostas para gozar do cocido.

Folleto promocional

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...