Homesociedade“Programa Tu Empleo”, a iniciativa de Albores para mellorar a inserción laboral...

“Programa Tu Empleo”, a iniciativa de Albores para mellorar a inserción laboral nas persoas con enfermidades mentais

O programa xa está en marcha e o prazo para participar estará aberto ata esgotar as prazas. As persoas interesadas en participar poden dirixirse ao teléfono 982.404.96. Con este tipo de programas búscase lograr a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental, promovendo alternativas de emprego entre as empresas e fomentando territorios socialmente responsables.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación “la Caixa” escolleu en Galicia 6 programas de Inserción Sociolaboral aos que dará financiación ata o 30/11 do 2022. Un deles é “Programa Tu Empleo”, presentado pola asociación Albores Saúde Mental.

O programa foi elixido pola súa elevada calidade técnica, destacable por estar ao mesmo nivel que os proxectos de organizacións con implantación territorial moito máis ampla e, en consecuencia, estruturas organizativas máis grandes.

Para poder participar os requisitos son: Estar en situación de desemprego ou de mellora de emprego, ter diagnosticado calquera tipo de trastorno mental (depresión, ansiedade, esquizofrenia…) e residir nalgunha das localidades seguintes: Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Monforte de Lemos, Sober ou O Saviñao.

Actividades que engloba

1. Acollida, apoio na definición, xestión e seguimento dos Plans de Traballo Individuais, facendo un acompañamento individualizado durante todo o proceso.
2. Formación e capacitación en competencias transversais (habilidades sociais, resolución de conflitos, igualdade, xestión emocional) e en competencias específicas relacionadas coa busca e mantemento do emprego (técnicas de busca activa de emprego, competencias informáticas e outras TICs, autoemprego e formación demandada polo
empresariado.
3. Información ao empresariado sobre subvencións e bonificacións, así como captación e intermediación de ofertas.
4. Apoio e acompañamento tanto na incorporación e adaptación ao posto de traballo como nos cursos de formación en outras entidades, cando sexa necesario.
5. Actividades de contacto e colaboración con entidades políticas, sociais e
administrativas, promovendo convenios de colaboración que redunden no incremento das oportunidades de emprego do colectivo.

O equipo está integrado por:

  • Unha Directora do programa e Psicóloga Sanitaria, Máster en Orientación Educativa, con ampla experiencia en Inserción Laboral de persoas con enfermidade mental.
  • Unha Traballadora Social Experta en Saúde Mental e Inserción Laboral de persoas con enfermidade mental.
  • Unha Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica (PIR) con ampla experiencia en xestión formativa e inserción laboral.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...