HomesociedadeEscape Room pola igualdade e Feira de Oportunidades de Inverno esta fin...

Escape Room pola igualdade e Feira de Oportunidades de Inverno esta fin de semana en Monforte

Seguindo ca Programación de actividades do 8M no concello de Monforte, esta fin de semana terá lugar un Escape Room pola Igualdade. E tamén nesta fin de semana no espazo dos Mercados da Praza de Abastos de Monforte, celebrarase unha nova edición da Feira de Oportunidades de Inverno do CCU.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Escape Room pola Igualdade é unha actividade gratuíta dirixida a público en xeral (menores de 12 anos teñen que vir acompañados dunha persoa adulta) que se desenvolverá no Centro Cívico Social (Paseo do Malecón s/n) en grupos reducidos de 6 a 8 persoas previa inscrición no CIM, no 982416350 ou correo electrónico cim@concellodemonforte.com.

O Escape Room é un xogo cooperativo, unha ginkana de interior na que un grupo de persoas teñen que superar probas, descifrar códigos e enigmas para abrir cadeados e maletas e saír do espazo interior.

Nesta ocasión vaise desenvolver un Escape Room con temática de igualdade no que se propón unha viaxe ao pasado para representar a vida das mulleres e homes de mediados do século  XX. Un personaxe disfrazado de mordomo presenta a mansión dos seus defuntos señores. A señora da casa era unha fervente activista polos dereitos das mulleres e fiel seguidora de Clara Campoamor na súa loita polo sufraxio universal.

Así, textos como o contrato de mestras de 1923,  ou o decálogo  da boa esposa e ambientación da época son a base dos códigos que as persoas participantes  deben descifrar para chegar ao futuro, ao seu tempo presente.

Ao longo da actividade dentro da Sala amosaranse imaxes e obxectos que escenifican conceptos como a brecha salarial, a violencia de xénero e as redes sociais. Nesta viaxe evidénciase o conseguido ata a actualidade pero tamén a crúa realidade e o que nos queda por avanzar.

Datas e horarios

Venres 18 de marzo (tarde), realizaranse 3 sesións no seguinte horario: -17:00 horas /18:30horas /20:00 horas

Sábado 19 e domingo 20 de marzo (maña e tarde), realizaranse 6 sesións cada día no seguinte horario: -10:30 horas /12:00horas /13:30 horas -17:00 horas /18:30horas /20:00 horas

Feira de Oportunidades de Inverno do CCU na Praza de Abastos de Monforte

Despois de dous anos de parón por culpa da pandemia da Covid-19, nesta edición de 2022 participarán desta cita promovida polo CCU, 17 tendas de Monforte: profesionais do sector da moda, calzado, bebé, complementos, decoración, mercería …. que ofertarán aos asistentes grandes ofertas de fin de tempada, alcanzando nalgúns casos ata o 70% de desconto.

O horario contempla xornadas de mañá e tarde: o sábado 19 de marzo abrirá de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, mentres que o domingo 20 o horario será de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas. A entrada será gratuíta.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...