HomesociedadeO obradoiro de emprego Sillor VIII comeza a traballar en Quiroga

O obradoiro de emprego Sillor VIII comeza a traballar en Quiroga

Os traballadores do obradoiro dual de emprego de Quiroga e Ribas de Sil, que estiveron realizando obras dende o pasado mes de novembro no concello de Ribas de Sil, trasladáronse agora ao Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana comezaron a preparar o terreo no que se construirán as beirarrúas na rúa que se está abrindo entre a rúa Tallos e a Rego da Silva e que dará servizo ao novo cemiterio municipal.

Durante catro meses, os alumnos traballadores da especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, traballarán nestas beirarrúas nas que comezaron eliminando un peche cheo de maleza para despois realizar o muro da zona reservada para os viandantes.

Este programa conxunto dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, reciben durante nove meses unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade. Unha vez remate o obradoiro, poderán traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación, solicitados polos promotores do obradoiro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...