HomesociedadeRecolectas solidarias en Pantón, a iniciativa veciñal colabora coas necesidades máis próximas

Recolectas solidarias en Pantón, a iniciativa veciñal colabora coas necesidades máis próximas

Produtos de alimentación non perecedoiros, produtos de hixiene e roupa de neno e de home, foron as necesidades que máis detectaron desde Servizos Sociais do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En febreiro do 2021 a Asociación de Veciños de Tuiriz con U, decidía facer unha recolecta solidaria para trasladar ás persoas do municipio que máis o necesitaran. Para coñecer as necesidades reais destas persoas e que o material aportado fora o máis adecuado posible, puxéronse en contacto con Servizos Sociais do Concello de Pantón. A iniciativa do pasado ano tivo moi boa aceptación e moitos veciños colaboraron a pesar das limitacións pola pandemia que había no municipio hai un ano.

Por este motivo a asociación decidiu de novo este ano facer outra colecta solidaria. A veciñanza interesada en colaborar achegou ao local social desta asociación veciñal produtos de alimentación non perecedoiros, produtos de hixiene e roupa de neno e de home, xa que estas foron as necesidades que máis detectaron desde Servizos Sociais do Concello. O material doado recólleno desde Servizos Sociais para distribuír entre quen máis o precise.

Recolecta solidaria 2022 Tuiriz / Asociación de Veciños de Tuiriz con U

“Co asesoramento de servizos socais podemos facer unha recollida axeitada ás necesidades e a axuda repercute no noso entorno máis cercano. Na asociación somos 170 veciños e esperamos chegar este ano a 200, facemos actividades para dinamizar o pobo e sumar asociados, queremos traballar xuntos e axudar no que poidamos cando vemos necesidades,” sinalan desde a asociación.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...