Homesociedade"Que non deixen de vir visitarnos ao Courel", pide a alcaldesa Lola...

“Que non deixen de vir visitarnos ao Courel”, pide a alcaldesa Lola Castro

Despois do derrubamento de 200 metros da estrada LU-651 a pasada fin de semana, o Concello de Folgoso do Courel proporciona un mapa coas vías alternativas de acceso ao municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Folgoso do Courel facilita un mapa coas vías alternativas de acceso tras o derrubamento de 200 metros da estrada LU-651 entre Folgoso e Quiroga, ao seu paso por Santa Eufemia.

Esta era unha das princpais vías de acceso a Folgoso do Courel, pero desde o concello insisten en que hai outras entradas e desvíos alternativos para disfrutar deste territorio.

Precisan que O Courel non quedou illado, que hai moitas outras entradas e cada unha ten o seu encanto. Convidan, polo tanto, a seguir descubrindo o territorio a través deses accesos alternativos. “Que non deixen de vir visitarnos”, expón a rexedora, Lola Castro.

ÚLTIMAS

CSIF denuncia que Correos mantén sen cubrir preto do 60% do persoal de repartición de Monforte

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denuncia a grave falta de persoal...

A D.O. Ribeira Sacra presentará viños e nova imaxe en Bilbao, Países Baixos e Lugo

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará en tres accións promocionais...

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...