HomesociedadeUn cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos...

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio valora moi positivamente a acollida da palestra celebrada este xoves no Centro Cívico de Monforte, na que se analizaron os mecanismos dos discursos de odio e as ferramentas para combatelos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e activista comprometido coa loita contra a discriminación, e David López, graduado en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Carlos III de Madrid e militante de Corrente Revolucionaria de Traballadores (CRT).

Durante o encontro abordáronse os mecanismos de construción e difusión dos discursos de odio, a súa tipificación legal e as consecuencias que provocan, especialmente entre os colectivos máis vulnerables. A través de exemplos recentes, analizouse tamén a importancia de identificar estas mensaxes e adquirir ferramentas para combatelas. Desde Veciñanza Fronte o Odio destacan que a elevada participación demostra que existe unha preocupación social ante a normalización da discriminación e da intolerancia, así como interese por crear espazos de reflexión e debate.

O colectivo lembra que nace como un espazo aberto, plural e independente de calquera organización política, formado por persoas con sensibilidades diversas que comparten a defensa dos dereitos humanos, o feminismo, o antirracismo, o respecto á diversidade sexual e o ecoloxismo.

Finalmente, agradecen a asistencia e participación da veciñanza e anuncian a súa intención de continuar organizando actividades de sensibilización e debate. “Esta é só a primeira de moitas iniciativas. Queremos seguir sumando persoas, ideas e propostas para construír entre todas e todos unha sociedade máis xusta, diversa e libre de odio”, conclúen.

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...