HomesociedadeXunta de seguridade e Mercado para a XVIII Feira Medival de Monforte

Xunta de seguridade e Mercado para a XVIII Feira Medival de Monforte

Este sábado 26 e domingo 27 de marzo ten lugar na Praza de Abastos de Monforte a celebración do Mercado para a Feira Medieval e nesta semana celebrábase reunión da Xunta de Seguridade para ultimar os preparativos da fin de semana do 16 e 17 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana reuníase a Xunta de Seguridade da XVIII Feira Medieval de Monforte, co obxecto de ultimar os preparativos para garantir a seguridade durante o desenvolvemento da que será a 18ª edición deste certame, que se celebrará na fin de semana de Semana Santa, o o 16 e 17 de abril de 2022.

Así, reuníronse co rexedor monfortino principais os representantes de todos os departamentos implicados na organización da Feira Medieval: a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o técnico de cultura, Carlos Rodríguez, a técnico de Emprego e Desenvolvemento Local, Trinidad López, ó sarxento do parque de Bombeiros e responsable de Protección Civil, Tomás Losada, o xefe dos Axentes da Cidadanía, Manuel Fernández, e o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez.

Xunta de Seguridade Feira Medieval 2022 / concello de Monforte

O obxectivo da xuntanza foi analizar e dar solución a todos os aspectos relativos coa seguridade e o bo funcionamento da Feira Medieval, especialmente nos puntos e horas en que se conta cunha maior afluencia de xente.

Mercado para a Feira Medieval

Como preludio da Feira Medieval, este sábado 26 e domingo 27 de marzo terá lugar na Praza de Abastos de Monforte a celebración do Mercado para a Feira Medieval, co obxectivo de potenciar e promocionar nel este evento turístico de gran afluencia de público e visitantes que na Semana Santa se achegan a Monforte. Durante a celebración do mesmo, o sábado 26 darase a coñecer o programa oficial da Feira Medieval.

O sábado 26 o Mercado para a Medieval de Monforte abrirá de 11 a 2 horas da tarde, e de 5 a 9 horas da noite. E o domingo 27, de 11 a 2 horas da tarde. Durante dous días os visitantes poderán atopar todo o necesario para preparar para a Feira Medieval: traxes, decoración, artesanía, complementos, bixutería, coiro, gastronomía…

Para os máis pequenos, celebrarase un obradoiro infantil “O Carballo con Botas”, o sábado 26 de marzo ás 5 da tarde. E a partir das 6 e media, terá lugar o Desfile Medieval.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...