HomesociedadeO 7 e 8 de maio volve a Feira do Viño de...

O 7 e 8 de maio volve a Feira do Viño de Vilachá de Salvadur

A Pobra do Brollón recupera a Feira do Viño de Vilachá reivindicando a calidade da uva, tras un parón de dous anos provocado pola pandemia. Trátase da edición número 29 e celebrarase os días 7 e 8 de maio contando con novidades: circuíto de adegas comerciais e de colleiteiros e premios do público e do xurado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira desenvolverase como é tradición no marco incomparable do conxunto de adegas tradicionais da Abelaira, na parroquia de Vilachá de Salvadur. Nesta edición a organización introduce novidades co gallo de mellorar a oferta, garantir a calidade dos viños e aumentar o perfil enolóxico da mostra sen perder o carácter festivo que a identifica. “Queremos mellorar a feira mantendo a súa esencia,” declara o alcalde, Xosé Lois Maceda. O obxectivo desta edición renovada é “salientar a calidade da nosa uva e os proxectos tan interesantes que están a xurdir na ribeira de Vilachá,” engade.

Viño de colleiteiros e de adegas comerciais

Unha das grandes novidades será introducir dous circuítos na Feira: un de colleiteiros e outro de adegas comerciais. As adegas comerciais poden estar radicadas ou non no Concello, pero si deben comprar uva de Vilachá ou posuír viñas nesta ribeira. “As adegas veñen mercar a nosa uva porque é de gran calidade,” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro. “Hai adegas que están a levar premios con uvas da nosa ribeira, algo descoñecido para moitos veciños.”As adegas comerciais que participarán son Adega Vella, Acivro, Tolo do Xisto, Abadía da Cova, Val do Frade, Bico de Lagar, Ciudaseis e Adega Sernande.

O circuíto dos colleiteiros recolle a esencia de Vilachá, unha ribeira que aínda conserva un sistema produtivo bastante tradicional. Este ano, os colleiteiros deberán certificar a calidade e seguridade dos viños ofrecidos mediante as correspondentes analíticas e certificacións. As adegas que se sometan a este proceso formarán parte do circuíto oficial e estarán debidamente identificadas de cara aos visitantes da feira.

Premios do xurado e do público

Outra gran novidade da presente edición da feira é a introdución dun premio de xurado e un do público, ambos para o circuíto de colleiteiros. Para participar no premio do público, os visitantes recollerán unhas tarxetas que selarán nas adegas de colleiteiro oficiais, e votarán polo seu viño favorito, entrando así nun sorteo. “Introducimos os premios para que os colleiteiros saquen os seus mellores viños,” aclara Ricardo Rodicio, “e tamén para fomentar que a xente circule por todas as adegas.”

Ambiente Feira do Viño de Vilachá. Foto: Peruchela

Para o premio de xurado, un xurado profesional avaliará os viños nunha cata que terá lugar o domingo pola tarde.

Como noutros anos, a música terá unha gran presencia na Feira. Convidarase aos grupos que ían participar na edición 2021 dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón (que se suspendeu pola pandemia). Tamén haberá unha charanga e algunha outra sorpresa musical.

Ao igual que nas edicións anteriores, haberá pulpeiras e outros postos de comida e tamén de artesanía. A organización conta con todos os ingredientes para garantir unha fin de semana festiva, onde beber un bo viño nun ambiente agradable e familiar

ÚLTIMAS

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...