HomesociedadeQuiroga dá a benvida ás dúas familias ucraínas de acollida

Quiroga dá a benvida ás dúas familias ucraínas de acollida

O Concello de Quiroga acolle xa a dúas familias de refuxiados ucraínos incluídos no acordo asinado co Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e a colaboración da FEGAMP. Este xoves pola mañá as dúas familias, compostas por unha nai e un fillo e outra nai e dous fillos, foron recibidos polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez e a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na recepción que se levou a cabo na casa consistorial non faltaron os agasallos de benvida, lambetadas e un xoguete para cada neno e flores e produtos típicos para as súas nais, como mostra da boa acollida destas familias por parte dos quirogueses e para que se familiaricen cos produtos do municipio. Como intérprete neste encontro contouse con, Irina Fesyk, ucraína residente en Quiroga dende fai anos,

Aínda que son dúas unidades familiares diferentes compartirán vivenda,   posto que as nais son cuñadas. O alcalde quirogués matizou que, a pesar de estar incluídas dentro do programa de acollemento, será o concello o que corra cos gastos de manutención destas familias.

Recibimento familias ucraínas Quiroga / concello de Quiroga

Estas dúas familias chegaron a Quiroga grazas a tramitación duns veciños de Quiroga que se puxeron en contacto cunha ONG que traballa neste tipo de xestións humanitarias. Unha vez feito este trámite foron incluídas dentro do programa de acollemento que tiña asinado o Concello de Quiroga co Ministerio e a FEGAMP, para acoller a dúas familias de refuxiados.

O rexedor local desexoulles que poidan vivir no concello con dignidade e acollemento, algo que agradeceron as recentemente chegadas posto que matizaron viñan da zona de Járkov, un lugar moi perigoso tanto para os seus tres nenos como para elas mesmas.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...