HomesociedadeEntregados os premios Cata Patrimonio Ribeira Sacra mentres Monforte prepara o Festival...

Entregados os premios Cata Patrimonio Ribeira Sacra mentres Monforte prepara o Festival do Viño para o 2 e 3 de xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de entregar no Centro do Viño da Ribeira Sacra os premios correspondentes á Cata Patrimonio 2022, que se celebrou o pasado 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mecánica da Cata Patrimonio consiste nunha cata a cegas, onde un xurado conformado por enólogos de adegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada degustaron distintas elaboracións dos viños presentados. Participaron 120 mostras de viño de máis de 50 adegueiros da D.O. Ribeira Sacra, que supón máis do 90% das adegas da zona.

José Tomé agradeceu ós organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio e animounos a seguir adiante con iniciativas deste tipo, que “promoven a Ribeira Sacra e impulsan o traballo e o esforzo das adegas pertencentes a ela, así como a posta en valor da calidade dos nosos viños”.

O Alcalde tamén anunciou que o Concello xa está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte a primeira fin de semana de xullo, dentro do calendario de actividades anual que o Concello recupera tras a incidencia da pandemia.

Viños premiados

Brancos Gran Patrimonio

  • Tear D. Nilo (Adega Tear)
  • Condado de Sequeiras Blanco (Adega Condado de Sequeiras)

Brancos Patrimonio

  • As Glorias (Adegas Amedo)
  • Peza do Rei Blanco (Adega Cachín)

Rosados Gran Patrimonio

  • Emma (Adega Tear)

Rosados Patrimonio

  • Abadía da Cova (Adegas Moure)
  • Prómine (Adegas Petrón)

Tintos Gran Patrimonio

  • Cividade Edición Limitada (Adegas Verao)
  • Cruceiro (Adega Cruceiro)

Tintos Patrimonio

  • Marcelino I (Adega Marcelino)
  • Adega Vella Black (Adega Vella)
  • Prómine (Adegas Petrón)
  • Abadía da Cova (Adegas Moure)

Tintos Barrica Gran Patrimonio

  • Os Conventos (Tolo do Xisto)

Tintos Barrica Patrimonio

  • Don Bernardino Finca Mezquita (Adegas Don Bernardino)
  • Algueira Fincas (Adega Algueira)

ÚLTIMAS

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...