HomesociedadeA ITV móbil de vehículos agrícolas visitará Folgoso do Courel e Bóveda...

A ITV móbil de vehículos agrícolas visitará Folgoso do Courel e Bóveda en maio

No concello de Bóveda estará os días 2 e 3 de maio e en Folgoso do Courel os días 12 e 13.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas visitará o Concello de Folgoso do Courel no mes de maio. O día 12 estará no antigo colexio de Folgoso de 09:00 a 13:30 horas e o día 13 na área recreativa de Piñeira no mesmo horario.

No Concello de Bóveda estará os días 2 e 3 de maio no Mercado Gandeiro (Rubián). O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. O día 3 o servizo prestarase tan só de mañá.

Nos dous casos as persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...