HomesociedadeSemana Santa de visitas guiadas e experiencias de viño na Pobra do...

Semana Santa de visitas guiadas e experiencias de viño na Pobra do Brollón

Do 11 ao 18 de abril, o concello da Pobra do Bollón programa ‘Coñece a ribeira guímara, a Ribeira Sacra auténtica’, con dúas visitas guiadas a elixir, para combinar con ‘experiencias de viño’ na parroquia de Vilachá de Salvadur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do programa de visitas guiadas ofrécese unha ao xacemento arqueolóxico dos Conventos, onde o proxecto Adegas da Memoria realizou a primeira datación por Carbono-14 para coñecer as orixes das
terrazas vinícolas da ribeira.

A outra modalidade de visita é un ‘paseo entre pataos’, entre as viñas da ribeira do Eivedo, onde os visitantes poderán coñecer a viticultura tradicional, a historia da Ribeira Sacra, lendas da zona…

“Condensamos nestas visitas o traballo de moito tempo para poñer en valor os relatos dos propios veciños e veciñas, con proxectos como Adegas da Memoria, a nova ordenanza dos furanchos…” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda. “A ribeira que queremos que coñezan os visitantes é unha ribeira auténtica e viva, non simplemente unha paisaxe de postal,” engade.

As visitas son combinables cunha ou dúas ‘experiencias de viño’. Por un lado, a experiencia do Furancho O Currio, o primeiro e único furancho da Ribeira Sacra. Consiste nun paseo pola aldea de Trasmonte que acaba cun viño de Pedro na súa adega-furancho. Por outro lado, a experiencia Val do Frade, unha adega da D.O. Ribeira Sacra nas adegas tradicionais da Abelaira, en Vilachá. Xunto coa adegueira Puri, os visitantes poden dar un paseo polas adegas e adentrarse nunha delas para probar o viño.

As experiencias de viños teñen un custo de tres euros por persoa. As visitas guiadas son gratuítas. É preciso un mínimo de 5 persoas por visita. Para máis información e reservas, hai que contactar por chamada ou WhatsApp no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...