Inaugurada a mellora da Pista Polideportiva da Compañía

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugura actuacións de mellora que o Concello acometeu na Pista Polideportiva da Compañía, e que forman parte do programa do Equipo de Goberno para a mellora de instalacións e infraestruturas municipais.

Pista Compañía / Concello de Monforte

Esta obra de mellora fora adxudicada hai unhas semanas á empresa Calfensa SL, e contou cun orzamento de 48.279 euros, provintes de fondos municipais. A pista polideportiva xa quedou aberta para o disfrute dos seus usuarios.

O rexedor monfortino destacou que “esta nova actuación permítenos contar dende hoxe nesta pista polideportiva cun pavimento de céspede artificial totalmente renovado. Tamén melloramos a malla metálica desta instalación deportiva municipal, que é moi utilizada por atoparse nunha zona moi céntrica da cidade, á que tamén dotamos de  2 porterías antivandálicas e 4 canastras de baloncesto novas”.

“Con esta actuación, completamos as accións de mellora que dende o Concello levamos a cabo na zona da Compañía, e que significaron a construción dunha pista de Skate (64.737,42 euros €), a consecución dun novo Parque Infantil (145.164,91€) e a mellora da fonte cibernética da praza da Compañía (51.532,33€), polo que o investimento total que destinamos para mellorar a que é unha das zonas de esparcemento e lecer máis utilizadas da cidade, alcanza os 310.000 euros (309.713,66€)”, subliñou o Alcalde.

A actuación consistiu na reparación e corrección de baches de soleira de formigón, na renovación do seu pavimento de céspede artificial e renovación e mellora de malla metálica, así como na instalación de renovados elementos de xogo, como son 4 canastras e 2 porterías antivandálicas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here