HomesociedadeQuiroga preocúpase pola diminución de paradas de bus

Quiroga preocúpase pola diminución de paradas de bus

O Goberno Central pretende eliminar a parada que o autobús con destino a Madrid facía en Quiroga, medida á que se opón o concello. Pola súa banda o BNG asegura ter recibido críticas veciñais en relación á supresión de paradas de autobús no servizo que fai o percorrido O Barco-Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello de Quiroga aseguran que o Ministerio de Transportes quere actualizar as concesións deixando soamente as paradas en grandes núcleos de poboación.

“Tras coñecer o anteproxecto da redución das paradas da liña que une Galicia con Madrid, nas que se incluiría a parada de Quiroga, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, vai presentar un recurso en contra esta supresión,” aseguran desde o concello. Esta liña de autobús de longa distancia leva uns 30 anos facendo este recorrido e parando en Quiroga.

E o BNG de Quiroga recolle as queixas da veciñanza sobre a supresión de paradas na liña O Barco-Ourense. “Tras consultar servizos e horarios do traxecto coa empresa adxudicataria entendemos que hai paradas que se suprimiron que potencialmente dan cobertura a moitos núcleos rurais aos que deberían garantir un servizo. Falamos dos casos das paradas de Montefurado, Bendilló, Paradaseca-Sequeiros, Os Novais ou
Freixeiro,” sinalan desde o BNG.

A este respecto os nacionalistas presentaron un escrito no ‘Servizo de Mobilidade de Ourense’ (Xunta de Galicia) para habilitar paradas que foron suprimidas no tramo do servizo que descorre pola N-120 no Concello de Quiroga.


ÚLTIMAS

Fin de festas en Quiroga coa Mostra do Mel e concerto da Panorama

Quiroga encara o derradeiro día das súas Festas de Verán que comezaron o pasado...

Este 10 de agosto comeza na Praia Fluvial de San Clodio o ciclo “Historias de vida”

Ata o momento, as Conversas de Verán estiveron centradas fundamentalmente na historia local, da...

Luz verde á Ponte do Malecón mentres o BNG anuncia medidas extraordinarias para paralizar o proxecto

O alcalde José Tomé Roca, mostra a súa ledicia despois de recibir por Sede...

IGV defende un operativo contra incendios “centralizado e profesionalizado, sen precariedade laboral”

IGV asegura que a convocatoria para cubrir 4 prazas para a actuación dunha brigada...