HomeCulturaO 19 e 20 de agosto volve a Pantón o Trece Roeis

O 19 e 20 de agosto volve a Pantón o Trece Roeis

A organización confirma aos primeiros artistas, entre os que se atopan El Drogas, Boikot e os galegos Guezos, Zeltia Irevire, As Searas e Cabodano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os próximos 19 e 20 de agosto Pantón acolle o Trece Roeis Fest 2022, un festival de balde que, con só tres anos de andaina, estáse a facer un evento de referencia en Galicia.

No primeiro avance de cartel, a organización do Festival anunciou a dúas
bandas do panorama do rock e do punk españois, que son Boikot e El Drogas, así como catro referencias do panorama galego, as bandas Guezos e Cabodano, o grupo de música tradicional As Searas e a referencia de folk fusión Zeltia Irevire. O cartel irase completando con outros grupos que se farán públicos no segundo avance, a finais deste mes.

Á música en directo úneselle a gastronomía, a artesanía e o viño, que estarán presentes no festival a través das diferentes actividades que o rodean, como os obradoiros, mostras e outros eventos. A batalla de grupos que conta coa pecualiaridade de que todos deben cantar en galego celebrarase o 16 de xullo.

Dende a organización explican que, “malia dificultade de manter un festival
que crece ano a ano, no 2022 queremos seguir apostando por unha cultura
accesible, que axude a afogueirar as nosas tradicións, consolidando un espazo de cultura e música popular”, explicaron. Por iso, “un ano máis, o Trece Roeis Fest é de balde, agás as consumicións que se fagan dentro do recinto, que se poderán pagar únicamente coa pulseira monedeiro, que xa a temos á disposición da xente que veña e, durante un tempo con algunha bonificación”, contaron dende a organización.

Tódalas novas sobre o festival pódense seguir a través das redes sociais e dentro de pouco, tamén a través da web www.treceroeisfest.com.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...