HomesociedadeActo do BNG no Incio e na Pobra do Brollón sobre "A...

Acto do BNG no Incio e na Pobra do Brollón sobre “A estafa da luz e o papel de Galicia”

O BNG organiza un acto público sobre a situación de Galicia como produtora eléctrica e as repercusións nos consumidores. Será este venres, 22 de abril, no multiusos do mercado gandeiro do Incio ás 16:00 e ás 20:00 horas, na Casa da Cultura da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Estas citas forman parte da campaña “A suba da luz é unha estafa. O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro“. Na Pobra do Brollón contarase coas intervencións de Javier Monterde, responsable local do BNG na Pobra do Brollón , e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe. No Incio intervirán a deputada Carme Aira, o consultor Xosé Manuel Golpe e Xosé Moscoso, integrante do BNG no Incio

Con esta campaña a organización nacionalista reivindica a aplicación de
medidas e políticas positivas para Galicia dentro do marco eléctrico, dado o seu papel produtor. Así, presentan diferentes iniciativas, como o impulso dunha tarifa eléctrica galega, garantir a subministración eléctrica a toda a poboación e contar cunha empresa pública galega de enerxía.

“Non pode ser que Galiza sexa un país que produce electricidade e non se vexa revertida esa riqueza no pobo galego”, aseguran.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...