IniciosociedadeO 14 e 15 de maio a XXVII Mostra de Viños...

O 14 e 15 de maio a XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón estréase como Festa de Interese Turístico

Desde o concello faise un chamamento á participación nesta cita para gozar dos viños da última colleita no único concello que ten tres ribeiras na D.O. Ribeira Scara, “Somos o único concello que temos tres ribeiras, o Miño, o Sil e o Cabe, iso é o que fai especial os nosos viños, que podes escoller entre distintos tipos de viños”, conclúe o rexedor local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón celebra os días 14 e 15 de maio a XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que o Consello da Xunta vén de declarar Festa de Interese Turístico. “Para nós volver a celebrar a Feira despois de dous anos e facelo sendo Festa de Interese Turístico de Galicia é unha gran satisfacción. A xente ten moitas ganas de saír e a Feira sempre é unha boa opción para traer xente aquí e para que veñan todos os que viven fóra e aproveitan a Feira para visitarnos”, asegura o alcalde, José Luis Álvarez.

Nesta edición participan 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado e 15 minutos despois será a inauguración por conta de Don Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo. O resto da programación da Feira é a seguinte:

SÁBADO

  • 13:15 Entrega de premios do VII Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica con actuación da Batucada Aikirindo
  • 14:30 IV Festa de Empanada no recinto do Castro
  • 21:30 Concerto do Grupo A Roda
  • 23:00 Música a cargo do Grupo Alcar
  • 00:30 Actuación do grupo La Penúltima Sabinera (Tributo a Sabina)

DOMINGO

  • 12:30 Recepción de autoridades no recinto feiral
  • 13:00 Pregón da XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de Don José Mouriño Cuba, exfuncionario do Estado da Xunta de Galicia, escritor e membro da Academia Galega de Gastronomía.
  • 16:30 O folión Xograres de Lemos, acordeóns
  • 19:00 Actuación da orquestra Solara

Nas dúas xornadas contarase con música durante todo o día, o sábado coas charangas Europa e Caliqueños e o domingo coas charangas Leña Verde e Unión Phenosa.

Contarase con servizo de autobuses con Monforte e Escairón. As saídas desde Monforte serán ás 13:00 e 19:30 e as saídas desde Escairón ás 13:45 e 20:15. Os regresos a Monforte serán ás 2:00 e ás 3:00 e os regresos a Escairón serán tamén nese horario. Este ano Pantón non será a feira que peche o ciclo de feiras na D.O. Ribeira Sacra, farao Chantada o vindeiro mes.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...