HomesociedadeAberta ao tráfico a zona do parque de San Antonio en Monforte

Aberta ao tráfico a zona do parque de San Antonio en Monforte

As obras de fresado e asfaltado mediante aglomerado do firme de ditas vías iniciáronse o día 26. Debido a que só queda levar a cabo algún retoque e proceder ó pintado das sinais horizontais correspondentes, o Concello xa abriu ó tráfico a zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa está aberta ó tráfico de vehículos a zona do Campo de San Antonio, logo de que estean practicamente rematadas as obras de mellora que se acometeron no firme desde a entrada da estrada de Ourense ata a entrada da rúa Chantada.

Víronse afectadas por estas obras de mellora a rúa Ourense, desde o seu entronque con rúa Chantada ata praza Campo de San Antonio; a Praza Campo de San Antonio, no seu vial norte; a rúa Teceláns, desde o seu entronque con rúa Chantada ata Praza Campo de San Antonio (Norte); e a rúa Abeledos, desde o praza Campo de San Antonio ata o entronque en abanico con Rúa Poeta Manuel María e Rúa O Saviñao.

As actuacións de mellora abrangueron uns 200 metros lineais entre ambas vías, nunha superficie total de 685 m2, e o Concello destinou un orzamento de 11.234,18€ (ive engadido) para a execución das mesmas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...