Iniciosociedade1 de maio, derradeiras camiñadas 'pola Ucraína'

1 de maio, derradeiras camiñadas ‘pola Ucraína’

Este domingo remata o programa “Camiñando pola Ucraína”, o ciclo de andainas con recollida de fondos en beneficio do pobo ucraíno que organizada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo 1 de maio darase por finalizado o programa “Camiñando pola Ucraína” organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra co obxectivo de maridar promoción turística e solidaridade. O ciclo de andainas comezou o 14 de abril e realizouse en colaboración con Cruz Vermella de Ourense e seis empresas especializadas en turismo activo que coordinaron e guiaron as 6 rutas de sendeirismo que se programaron. Estas empresas foron: Coureleando, Mil Positivos, Monte da Roda, Rutea, Surbia Natura, Xeitura.

As dúas rutas deste 1 de maio faranse simultanemente e ambas teñen dificultade media e curto percorrido (12 e 14 quilómetros). Comezarán ás 10:00 horas e transportarannos tanto polas paisaxes máis icónicas de Ribeira Sacra –Canón do Sil– como polas máis descoñecidas –a montaña da zona oriental de Ribeira Sacra–. Os trazados escollidos serán a PR-G 224 Ruta da Teixeira, no Concello da Teixeira, e a PR-G 242 Ruta da Capela do San Vitorio á Mina da Veneira, no Concello da Pobra do Brollón.

PR-G 237 Sendeiro do miradorio de Matacás (Castro Caldelas) / CTRS

O custe da inscrición en cada ruta é de 10€ por persoa e as reservas poden facerse a través da web do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Unha vez rematado o programa, o Consorcio de Turismo doará todo o recadado coas inscricións dos participantes á Cruz Vermella, ao que se sumarán as empresas colaboradoras, doando tamén os seus honorarios.

Para máis información, pódese contactar co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra no teléfono 638 823 592 ou a través de turismo@ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...