HomesociedadeXXVI Cata dos viños da Ribeira Sacra os días 26 e 27...

XXVI Cata dos viños da Ribeira Sacra os días 26 e 27 de maio en Pantón

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio, a XXVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra, que terá lugar no municipio de Pantón coa precata do día 26 e o 27 terá lugar a cata final.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio a XXVI Cata dos seus viños. Establécense 3 categorías, sendo necesario, como mínimo, ter 6 mostras en cada categoría:

  • Viños Brancos: viños Ribeira Sacra Súmmum Branco correspondentes á colleita 2021, podéndose presentar á cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.
  • Viños Tintos: viños Ribeira Sacra Tinto correspondentes á colleita 2021, podéndose presentar á cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 1000 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 500 botellas.
  • Viños doutras Anadas: viños Ribeira Sacra de colleitas diferentes á colleita 2021 que non participasen en edicións anteriores e os viños con barrica da colleita 2021, podéndose presentar á cata, tantas marcas como a adega desexe. O volume mínimo da partida non deberá ser inferior a 500 litros. As existencias mínimas no momento da recollida serán de 300 botellas.

Poden participar na Cata os viños elaborados por adegas rexistradas nos rexistros da D.O. Ribeira Sacra que se atopen en fase de comercialización. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. En categoría doutras Anadas establécense: 1 Medalla de Ouro se o número de mostras participantes é inferior ou igual a 14, 2 Medallas de Ouro se o número de mostras participantes é igual ou inferior a 20 e 3 Medallas de Ouro no caso de que sexa superior desa cantidade.

A entrega de premios farase o día 27 de maio coincidindo co final da Cata e aproveitando a comida de confraternidade que organiza o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recollerán as mostras durante os próximos días, elixindo 3 mostras ao azar de entre o stock da adega. O notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecarán custodiadas ata a celebración da Cata. Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas.

O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas.

ÚLTIMAS

Case un cento de persoas alzan a voz nos Peares en defensa do pobo palestino

A acción consistiu no despregamento de bandeiras palestinas con algunhas galegas na “ponte vella”,...

O BNG de Monforte defende a continuidade do Bar Anchoas

Os nacionalistas piden que goberno municipal actúe, que se inicie o procedemento necesario para...

Mellora de camiños rurais en Quiroga grazas ao parque móbil da Deputación

Os traballos incluiron o asfaltado e acondicionamento do firme en puntos como Bustelo de...

“O folclore como sinal de identidade do pobo”, Faladoiro deste 28 de maio en Quiroga

Aproveitando que maio é o mes das Letras Galegas, e que este ano están...