HomesociedadeAs Rutas dos Viños de Galicia "desestacionalizan e consolidan o turismo galego"

As Rutas dos Viños de Galicia “desestacionalizan e consolidan o turismo galego”

Este luns, 2 de maio, presentouse en Santiago a XI edición das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que se desenvolverán ao longo de cinco fins de semana, entre o 13 de maio e o 10 de xuño. A quenda da Ruta do Viño da Ribeira Sacra será do 3 ao 5 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este luns a XI edición das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia. González equiparou estas rutas coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta en colaboración co sector, coas tres universidades galegas e cos axentes relevantes dos respectivos territorios para acadar a consolidación dos nosos viños nos diferentes mercados.

José González apostou por continuar impulsando a sección Galicia Calidade Alimentaria e lembrou que a Lei de recuperación da terra agraria que permitirá ampliar a produción das denominacións de orixe do viño buscando os terreos máis idóneos para implementar aldeas modelo ou polígonos de viñedo, sempre da man dos consellos reguladores.

Xornadas de portas abertas

As xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños desenvolveranse dedicando unha fin de semana a cada unha das rutas, sendo a primeira a Ruta do Ribeiro (13 ao 15 de maio), posteriormente a das Rías Baixas (20 ao 22 de maio), a de Valdeorras (27 ao 29 de maio), Ribeira Sacra (3 ao 5 de xuño) e finalmente a de Monterrei (do 10 ao 12 de xuño).

Ruta do Viño da Ribeira Sacra 2021 / Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Deste xeito, entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción, se ben recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente por motivos de aforo.

Ademais de menús en restaurantes, visitas guiadas, rutas, actividades infantís e outras propostas como o Bus do Viño para facilitar as visitas ás adegas, na páxina de Facebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...